O Centro Oceanográfico de Vigo celebra por segundo ano consecutivo a Noite Europea dos Investigadores

24/09/2019

A Casa das Artes de Vigo acollerá a actividade "Oceanoteca: Noite Europea dos Investigadores" o 27 de setembro de 17 a 23 horas

Cartel para a Noite Europea dos Investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo

Cartel para a Noite Europea dos Investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo

O Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO), compartirá o seu traballo coa sociedade nos talleres científicos que levará a cabo na Casa das Artes (Policarpo Sanz, 15) o próximo 27 de setembro de 17 a 23 horas, coincidindo coa Noite Europea dos Investigadores.

Martes, 24 de setembro de 2019. Persoal das principais liñas de investigación do Centro responderá ás preguntas e achegará as súas explicacións sobre diversos temas, como os ecosistemas profundos, os recursos vivos e a pesca, a oceanografía e a contaminación, o plancto e as mareas vermellas. Esta actividade, centrada este ano no impacto do ser humano no mar, levarase a cabo en sete talleres a modo de "minilaboratorios" adaptados a todas as idades, onde se poderá interactuar e aprender, de xeito sinxelo e lúdico. Os máis pequenos contarán cun taller de reciclado, relacionado coa temática xeral do evento, no que mediante xogos e manualidades se achegarán ó océano. Ademais instalarase unha zona interactiva na que se poderá visualizar un vídeo sobre el Centro Oceanográfico de Vigo en formato de 360º, no que se poderá coñecer o traballo que desenvolve.
Ó longo da tarde realizaranse catro talleres de Gyotaku, método tradicional artístico xaponés que consiste na impresión natural de peixes. Haberá unha sesión para nenos (de 8 anos en adiante), ás 17.30h e outra ás 18.30h con 10 participantes cada unha e dúas para adultos: 20.00 e 21.30h, con 15 participantes cada unha. Para poder participar nos talleres de Gyotaku é precisa inscrición previa no correo ieo.vigo@ieo.es, indicando se está interesado en participar na sesión de nenos ou adultos e dando un nome e un teléfono de contacto. A inscrición ábrese hoxe día 24 e as prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición, ata completar aforo.


Os talleres completaranse coa realización de un bingo mariño e un Kahoot, no que os participantes responderán preguntas relacionadas coa actividade por medio de un dispositivo móbil. Ademais haberá un photocall para que os participantes poidan inmortalizar o seu paso pola actividade.

Arealización desta actividade foi posible grazas á colaboración do Concello de Vigo.

A Noite Europea dos Investigadores é un proxecto europeo de divulgación científica promovido pola Comisión Europea dentro das accións Marie Sktodowska?Curie do programa 'Horizonte 2020', que ten lugar simultáneamente en máis de 340 cidades europeas desde 2005.
 

Descarga noticia PDF

Compartir: